From Wikipedia, the free encyclopedia
En alimentación e nutrición denomínase fibra alimentaria, ás veces tamén chamada fibra dietética, ás partes das plantas comestíbeis que resisten a dixestión e absorción no intestino delgado humano e que experimentan unha fermentación parcial ou total no intestino groso. Está formada por un conxunto de compostos químicos de natureza heteroxénea (polisacáridos, oligosacáridos, lignina e outras substancias análogas).
Desde o punto de vista nutricional, e en sentido estrito, a fibra alimentaria non é un nutriente, xa que non participa directamente nos procesos metabólicos básicos do organismo. Porén, desempeña funcións fisiolóxicas sumamente importantes, como estimular a peristaltismo intestinal.
A razón pola que o organismo humano non pode procesala débese a que o aparato dixestivo non dispón de enzimas que poidan hidrolizala, como ocorre nalgúns grupos de animais, como os ruminantes ou os insectos xilófagos. Pero iso non significa que a fibra alimentaria pase intacta a través do aparato dixestivo: aínda que o intestino no dispón de enzimas para dixerila, os enzimas da flora intestinal fermentan parcialmente a fibra e descompóñena en diversos compostos químicos: gases (hidróxeno, dióxido de carbono e metano) e ácidos graxos de cadea curta (acetato, propionato e butirato). Estes últimos poden exercer unha función importante no organismo dos seres vivos.
A fibra alimentaria encóntrase unicamente en alimentos de orixe vexetal pouco procesados tecnoloxicamente, como os cereais, froitas, verduras e legumes.
Distínguense dous tipos tipos de fibra alimentaria:
Tipo de fibra | Alimentos | Beneficios |
---|---|---|
Fibra insolúbel | Son alimentos ricos en fibra insolúbel a fariña integral de trigo, o farelo (alimentos integrais), as ervellas, o repolo e as froitas maduras (mazás, cítricos) |
|
Fibra solúbel | Son alimentos ricos en fibra solúbel a avea, a papaia, as ameixas, a cenoura, os cítricos, as fabas, lentellas e garavanzos. |
|
Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.