![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/5a/Ortigueira.Festival_celta.Concerto.jpg/640px-Ortigueira.Festival_celta.Concerto.jpg&w=640&q=50)
Festival Internacional do Mundo Celta
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira é un festival de música folk tradicional das nacións celtas que en 2018 cumpriu 40 anos[1]. Celébrase cada verán na segunda fin de semana de xullo na vila costeira de Ortigueira, situada no norte da provincia da Coruña. O evento está declarado festa de interese turístico internacional.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Festival Internacional do Mundo Celta | |
---|---|
![]() | |
Localización | Ortigueira, Galicia ![]() |
Anos | 1978–1987, 1995–presente |
Nº edicións | 32 |
Fundadores | Escola de Gaitas de Ortigueira |
Data | Catro días, en xullo |
Xénero | Folk |
Organizador | Concello de Ortigueira |
Web oficial | www.festivaldeortigueira.com |
Na rede |
O escenario principal sitúase no porto, con actuacións de grupos de música celta de gran nivel e fama internacional, coma Alan Stivell ou The Chieftains, entre moitos outros. Así mesmo, ata a edición do ano 2010 nos arredores do porto situábase un escenario menor no que se daban cita grupos noveis, chamado Proxecto Runas, na actualidade o proxecto de novos grupos ten lugar no escenario principal na noite do xoves. Na praia de Morouzos e no piñeiral habilítase o espazo para que acampe a xente que acode ao festival.
É o maior festival celta canto a número de asistentes de toda a Península Ibérica (con miles de asistentes en cada edición).
En 2022 foron Premio Martín Códax da Música.