Fe Bahá'í
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Fe bahá'í é unha relixión fundada en 1863 por Bahá'u'lláh e que actualmente é seguida por máis de 7 millóns de persoas en todo o mundo. Os bahá'ís cren que todas as relixións proveñen do mesmo Deus e que teñen aparecido coa Mensaxe de Deus para a humanidade a medida que esta tivo capacidade para recibila.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Fe Bahá'í | |
Fundador | Bahá'u'lláh |
Deidade máxima | Deus |
Tipo | Monoteísmo |
Nome e número de seguidores | Bahá'ís, uns 6 millóns |
Libro Máis Sagrado | Kítab-i-Aqdas |
Lingua litúrxica | Cada individuo é libre de ler na súa propia lingua |
Lingua dos textos sagrados orixinais | árabe e persa |
Nace en | Irán |
Sede | Haifa (Israel) |
País con maior cantidade de bahá'ís | India (2 millones) |
Sistema organizativo | Asembleas Espirituais Locais, Asembleas Espirituais Nacionais e Casa Universal de Xustiza (Membros elixidos democraticamente) |
Símbolo | Estrela de nove puntas |
Relixións relacionadas | xudaísmo, cristianismo, islamismo, hinduísmo, budismo, zoroastrismo, babismo |
Algunhas das relixións anteriores que os bahá'ís afirman que proveñen do mesmo Deus, segundo a orde de aparición, son: hinduísmo, budismo, xudaísmo, cristianismo, islam, babismo.
O Báb (en árabe: a porta) proclamou ser o Enviado de Deus para a súa época no ano 1844 e que preparaba a humanidade sincera para a chegada dunha nova Manifestación de Deus: Bahá'u'lláh.