![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/97/Pectoralis_minor.svg/langgl-640px-Pectoralis_minor.svg.png&w=640&q=50)
Fascia clavipectoral
From Wikipedia, the free encyclopedia
A fascia clavipectoral é unha fascia do membro superior humano pertencente á rexión axilar. É unha lámina grosa de tecido conxuntivo que une a clavícula co chan da axila. Envolve os músculo subclavio e pectoral menor e se estende polo espazo entre ambos músculos. As estruturas que discorren entre axila e a súa parede anterior furan a fascia. Nesta área hai unha importante relación coa vea cefálica, a arteria toracoacromial e o nervio pectoral lateral. A arteria torácica lateral fura a fascia para abandonar a axila e pasa por debaixo do músculo pectoral menor.
Máis información Latín, Gray's ...
Pechar
O nervio pectoral medial abandona a axila furando o músculo pectoral menor e despois innerva o músculo pectoral maior.