Farmacocinética: o estudo dos procesos físico-químicos que sofre un fármaco cando se administra ou incorpora a un organismo. Estes procesos serían liberación, absorción, distribución, metabolización e eliminación.
Farmacodinámica: ciencia que estuda o mecanismo de acción dos fármacos, é dicir estuda como os procesos bioquímicos e fisiolóxicos dentro do organismo ven afectados pola presenza do fármaco.
Biofarmacia: o estudo da biodisponibilidade dos fármacos.
Farmacognosia: estudo de plantas medicinais e drogas que delas derívanse.
Química farmacéutica: estuda os fármacos desde o punto de vista químico, o que comprende o descubrimento, o deseño, a identificación e preparación de compostos biolóxicamente activos, a interpretación do seu modo de interacción a nivel molecular, a construción da súa relación estrutura-actividade e o estudo do seu metabolismo.
Farmacia galénica ou Farmacotecnia: rama encomendada á formulación de fármacos como medicamentos.
Posoloxía: o estudo da dosificación dos fármacos.
Toxicoloxía: o estudo dos efectos nocivos ou tóxicos dos fármacos.
Farmacoloxía clínica: avalía a eficacia e a seguridade da terapéutica por fármacos.
Farmacovixilancia: é unha disciplina que permite a vixilancia despois da comercialización dos medicamentos a fin de detectar, previr e notificar reaccións adversas en grupos de pacientes.
Cronofarmacoloxía: O estudo da correcta administración de medicamentos conforme ao ciclo circadiano do ser humano, isto co fin de maximizar a eficacia e diminuír os efectos colaterais.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.