![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d0/FIFA_series_logo_%25282020-2023%2529.svg/langgl-640px-FIFA_series_logo_%25282020-2023%2529.svg.png&w=640&q=50)
FIFA (serie)
From Wikipedia, the free encyclopedia
FIFA é unha saga de videoxogos de fútbol publicados anualmente por Electronic Arts baixo o selo de EA Sports. Cando a saga comezou a finais de 1993 destacou por ser o primeiro en ter unha licenza oficial da FIFA. As últimas edicións da saga conteñen moitas licenzas exclusivas e os equipos de ligas de todo o mundo, como a Premier League e a Football League inglesa, Serie A (liga italiana), Bundesliga (liga alemá), a Primeira División de España, Seleccións Nacionais, e outras ligas máis que foron agregando ao longo dos últimos anos. Esta serie permite o uso dos estadios reais, mediante os comentarios pódese gozar dos cánticos reais do público nos estadios, nomes reais dos xogadores e as súas semellanzas en como xogan dentro do campo etc.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2018.) |
![]() | Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d0/FIFA_series_logo_%282020-2023%29.svg/220px-FIFA_series_logo_%282020-2023%29.svg.png)