![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9b/FC_Torpedo_Moscow_Logotype.png/640px-FC_Torpedo_Moscow_Logotype.png&w=640&q=50)
FC Torpedo Moscova
club de fútbol de Rusia / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Fútbol Club Torpedo Moscova (en ruso: Футбо́льный клуб "Торпедо" Москва), é un club de fútbol ruso con sede en Moscova, que milita na Liga Premier de Rusia. Fundado en 1924, é historicamente un dos grandes clubs de Moscova e tivo o seu período de maior éxito durante a época soviética, coroándose campión de tres ligas soviéticas e de seis Copas da URSS. O seu último grande éxito foi o triunfo na primeira edición da Copa de Rusia, que conquistou en 1993. Mantívose durante case sete décadas na máxima categoría do fútbol do país (primeiro da URSS e logo de Rusia), ata que sufriu o primeiro descenso da súa historia en 2006. Dende entón militou maioritariamente na segunda e terceira divisións de Rusia.
Torpedo Moscova | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Nome | Футбо́льный клуб "Торпедо" Москва | ||
Fundación | 17 de agosto de 1924 (99 anos) | ||
Estadio | Luzhniki, Moscova, Rusia | ||
Inauguración | 31 de xullo de 1956 | ||
Capacidade | 81.000 | ||
Propietario | ![]() AO «Elgera» (24,49 %) | ||
Presidente | ![]() | ||
Adestrador | ![]() | ||
Liga | Liga Premier | ||
2021/22 | 1º | ||
Na rede | |||
http://www.fc-tm.ru | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
| |||
As súas cores son o branco e o negro, aínda que o club tamén se asocia habitualmente co verde.