Forzas Armadas do Reino Unido
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
As Forzas Armadas do Reino Unido, coñecidas como as Forzas Armadas británicas ou Forzas Armadas da Súa Maxestade, e ás veces de forma oficial como as Forzas Armadas da Coroa, abarca unha mariña de guerra (a Mariña Real Británica), un exército (o Exército británico), e unha forza aérea (a Royal Air Force). O seu Comandante en Xefe é o monarca británico. En total as forzas armadas británicas contan con 512 630 combatentes.
Forzas Armadas do Reino Unido | |
---|---|
Tipo | forzas armadas |
Data de fundación | 1707 |
Organización subsidiaria | His Majesty's Naval Service, Exército Británico e Royal Air Force |
País | Reino Unido |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A historia militar británica é longa, complexa e moi influente na historia mundial, especialmente desde o século XVII. Conflitos importantes nos que os británicos tomaron parte son a Guerra dos Sete Anos e as Guerras Napoleónicas do século XVIII e principios do século XIX, a Guerra de Crimea na metade do século XIX e a primeira e segunda guerra mundial do século XX. O Imperio británico, o cal alcanzou o seu auxe nos anos 1920. Desde o final da segunda guerra mundial, as Forzas Armadas británicas seguiron estando moi activas e conservan bases que se estenden ao redor do mundo en lugares como Chipre, Alemaña, Xibraltar, Brunei e as illas Malvinas.
A estrutura actual da dirección da defensa no Reino Unido empeza en 1964 cando o moderno ministro de Defensa (MoD) foi creado (unha forma máis evolucionada da que existía desde 1940). O ministro de Defensa asume as funcións de almirante, ministro da Guerra e ministro do Aire.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Forzas Armadas do Reino Unido |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.