![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/65/Expo_2008_Zaragoza_0.jpg/640px-Expo_2008_Zaragoza_0.jpg&w=640&q=50)
Exposición Internacional de Zaragoza de 2008
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Exposición Internacional de Zaragoza foi unha exposición internacional recoñecida que se celebrou en Zaragoza (España) desde o 14 de xuño ao 14 de setembro de 2008 e cuxo eixo temático foi «Auga e desenvolvemento sostible». A localización do recinto da Exposición formou parte da mesma: na ribeira do meandro de Ranillas, unha curva que o río Ebro fai ao seu paso pola cidade.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/65/Expo_2008_Zaragoza_0.jpg/640px-Expo_2008_Zaragoza_0.jpg)
A Expo 2008 foi regulada pola Oficina Internacional de Exposicións (organización responsable de asignar as Exposicións). Zaragoza impúxose a outras cidades candidatas para ser sede dunha Exposición Internacional en 2008, como Tesalónica (Grecia) e Trieste (Italia), o 16 de decembro de 2004.
Zaragoza tamén conmemorou en 2008 o bicentenario dos Sitios de Zaragoza da Guerra da Independencia contra a invasión napoleónica (1808) e o centenario da Exposición Hispano-Francesa de 1908 que supuxo un salto cualitativo de modernidade na cidade.
A mascota da Expo 2008 foi unha pinga de auga. A mascota chámase Fluvi, acrónimo de flumen vitae (en latín, "río da vida").