Exeter Chiefs
From Wikipedia, the free encyclopedia
Exeter Chiefs é un club profesional inglés de rugby, con sede na cidade de Exeter, e que ascendeu por vez primeira na súa historia á Aviva Premiership na tempada 2009/10. O equipo xoga en Sandy Park, un estadio con capacidade para 10.744 persoas.
Nome | Exeter Chiefs Rugby Club | ||
---|---|---|---|
Fundación | 1871 | ||
Sede | Exeter, Inglaterra | ||
Estadio(s) | Sandy Park | ||
Capacidade | 10.744 espectadores | ||
Presidente | ![]() | ||
Adestrador | ![]() | ||
Capitán | ![]() | ||
Liga(s) | Aviva Premiership | ||
2015-16 | - | ||
| |||
Na rede | |||
http://www.exeterchiefs.co.uk | |||
![]() ![]() ![]() ![]() |
Aínda que o club foi creado en 1871, a maioría da historia do club transcorreu nas categorías inferiores do rugby inglés, sendo un club non profesional. O desexo do Exeter Chiefs por converterse nun club profesional e por acadar a máxima categoría limítase ás últimas tempadas.
O club debutou na tempada 2010-11 na Premiership inglesa logo de bater ao Bristol nunha eliminatoria de promoción a dobre encontro en maio do 2010. Coa súa presenza na máxima categoría do rugby inglés, tamén debutou en competicións europeas, concretamente na European Challenge Cup, e participou na Anglo-Welsh Cup. A súa primeira participación na Premiership rematou cun 8º posto, mentres que a segunda rematou cun 5º posto, e polo tanto a piques de participar nas eliminatorias semifinais polo título de liga.