![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ed/Tunguska_Ereignis.jpg/640px-Tunguska_Ereignis.jpg&w=640&q=50)
Evento de Tunguska
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Evento de Tunguska foi unha explosión aérea de moi alta potencia ocorrida sobre as proximidades do río Podkamennaya en Tunguska (Evenkia, Siberia, Rusia) na posición 60°55′N 101°57′L ás 7:17 do día 30 de xuño de 1908.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ed/Tunguska_Ereignis.jpg/640px-Tunguska_Ereignis.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bb/Russia-CIA_WFB_Map--Tunguska.png/320px-Russia-CIA_WFB_Map--Tunguska.png)
O fenómeno de Tunguska alentou máis de trinta hipóteses e teorías do ocorrido. A detonación, similar á dunha arma termonuclear de elevada potencia, foi atribuída a un obxecto celeste. Debido a que non se recuperou ningún fragmento, manéxase a teoría de que foi un cometa que estaría formado de xeo. Ao non alcanzar a superficie, non se produciu cráter ou astroblema. Case un século despois produciríase non moi lonxe o evento de Vitim, menos espectacular pero aínda máis estraño.