empresaria galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Eva María de Cárdenas Botas, nada na Coruña en 1965, é unha empresaria galega, exdirectiva da multinacional Inditex e de Sargadelos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1965 (58/59 anos) A Coruña, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | Empresaria |
Familia | |
Parella | Alberto Núñez Feijóo (2013–) |
Filla de Antonio de Cárdenas Sans e Cristina Botas Prego. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela[1] e concluíu un Mestrado en Administración e Dirección de Empresas polo Instituto de Empresa de Madrid. Chegou a Inditex en 2003 procedente da firma de cosméticos L'Oréal[1] e con 38 anos converteuse na segunda muller á fronte dunha das cadeas do xigante téxtil tras Carmen Sevillano (Oysho).[2] Dirixiu o sector de perfumaría de Zara.
Dende 2003 foi directora de Zara Home ata 2018, ano no que deixou o seu posto por motivos persoais[3]. En marzo de 2019 fundou, a canda a filla, unha axencia inmobiliaria, Niebla Azul, sociedade coa que adquiriu propiedades en Oleiros e na Coruña[4].
Dende decembro de 2020 foi asesora externa do Grupo Sargadelos[5], ata que no verán de 2022 deixou ese traballo[6], logo de mudarse, coa parella, a Madrid.
Casada e cunha filla, divorciouse do primeiro home. Desde 2013 diversos medios de comunicación foran sinalando que mantiña unha relación sentimental con Alberto Núñez Feijóo.[7][8] En febreiro de 2017 deu a luz na cidade da Coruña o seu segundo fillo, froito da súa relación co daquela presidente da Xunta.[9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.