![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7d/EuriborChart12m3m1w.svg/langgl-640px-EuriborChart12m3m1w.svg.png&w=640&q=50)
Euríbor
From Wikipedia, the free encyclopedia
Euríbor (acrónimo de European Interbank Offered Rate, en galego tipo europeo de oferta interbancaria) é un índice de referencia publicado diariamente que indica o tipo de xuro medio ó que as entidades financeiras se ofrecen a prestar diñeiro no mercado interbancario do euro (é dicir, a outros bancos).
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7d/EuriborChart12m3m1w.svg/640px-EuriborChart12m3m1w.svg.png)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e6/Euribor1998-2007.gif/640px-Euribor1998-2007.gif)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/f7/Euribor_2006_5a.png/320px-Euribor_2006_5a.png)
Este índice é calculado pola Federación Bancaria Europea e efectúase cos datos das 24 principais entidades bancarias da zona euro. Consiste no tipo de xuro medio de contado para as operacións de depósito de euros a prazo.
Este tipo de xuro aplícase ás operacións entre bancos de Europa partindo dos prezos de oferta dos préstamos que se fan entre si os 64 principais bancos europeos; isto significa que é a porcentaxe que paga como taxa un banco cando outro lle deixa diñeiro.
Realmente o euríbor non é un só tipo, senón un conxunto deles. As entidades financeiras usan diferentes tipos de xuro segundo o prazo ao que se prestan diñeiro. Polo tanto pódese falar de euríbor a unha, dúas ou tres semanas e a entre un e doce meses. A media mensual do euríbor a un ano é a que se usa normalmente como referencia para as hipotecas. Tamén existe o tipo de xuro a un día que se denomina Eonia.
O seu valor actualízase diariamente e é publicado pola axencia Reuters. A media mensual publícase en España no BOE.
É un índice moi importante do mercado financeiro, xa que afecta, entre outras cousas, aos préstamos bancarios.
O euríbor soamente se aplica nos bancos dos Estados membros da Unión Europea que forman parte da Eurozona. Os tipos de referencia locais, como por exemplo o Pibor de París ou o Fibor de Frankfurt, xuntáronse ao euríbor o 1 de xaneiro de 1999. No caso de España, o euríbor substituíu o Mibor a raíz do traspaso de competencias do Banco de España ao Banco Central Europeo.