![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4f/Protein_structure_%25284%2529-en.svg/langgl-640px-Protein_structure_%25284%2529-en.svg.png&w=640&q=50)
Estrutura cuaternaria das proteínas
From Wikipedia, the free encyclopedia
En bioquímica, a estrutura cuaternaria das proteínas é a disposición que presentan varias proteínas pregadas ou enroladas que forman un complexo de múltiples subunidades en estado nativo. Téñena as proteínas oligoméricas ou que forman complexos, que están formadas por varias cadeas polipeptídicas. A disposición adoptada polas distintas cadeas é a estrutura cuaternaria do conxunto. Por tanto, o concepto de estrutura cuaternaria non ten sentido en proteínas formadas por unha soa cadea polipeptídica. Un exemplo de proteína con estrutura cuaternaria é a proteína hemoglobina, formada por catro cadeas polipeptídicas, que son dúas subunidades alfa e dúas beta, dispostas en cadro. Outro exemplo son as inmunoglobulinas, formadas por catro cadeas, dúas pesadas e dúas lixeiras, dispostas formando un y grego.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4f/Protein_structure_%284%29-en.svg/270px-Protein_structure_%284%29-en.svg.png)
![A imaxe contén ligazóns clicables](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/e6/Interactive_icon.svg/18px-Interactive_icon.svg.png)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/99/Quaternary_structure.png/640px-Quaternary_structure.png)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/19/Hemoglobin.jpg/320px-Hemoglobin.jpg)
En xeral, a estrutura cuaternaria dálle á proteína a súa funcionalidade e ás veces proporciona ao complexo un eixe ou punto de simetría, aínda que non é necesario. A principal causa da estabilización das estruturas cuaternarias é a interacción hidrófoba entre aminoácidos non polares (as partes hidrófobas dos monómeros xúntanse de maneira que minimicen a superficie exposta ao solvente), pero tamén pode haber pontes de hidróxeno, forzas electrostáticas e pontes disulfuro.