Estratovolcán
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un estratovolcán é un tipo de volcán cónico e de grande altura, composto por múltiples capas de lava endurecida, piroclastos alternantes (xurdidos por unha alternancia de épocas de actividade explosiva e de correntes de lava fluída) e cinzas volcánicas.[1] Estes volcáns están caracterizados por un perfil escarpado e erupcións periódicas e explosivas. A lava que flúe dende o seu interior é altamente viscosa e arrefría e endurece antes de que poida chegar lonxe. A fonte de magma destas montañas está clasificada como ácida ou alta en sílice, con presenza de riolita, dacita e andesita. Moitos estratovolcáns exceden os 2 500 metros de altitude.[2]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bf/Stratovolcano_lmb.png/220px-Stratovolcano_lmb.png)
Aínda que ás veces se chaman ‘volcáns compostos’, os vulcanólogos prefiren empregar o termo «estratovolcán» para estabelecer unha distinción, xa que tódolos volcáns, sexan do tamaño que sexan, presentan unha estrutura (de capas) composta, isto é, desenvólvense sobre os materiais de sucesivas erupcións.