Estilo literario
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O estilo literario fai referencia a toda a serie de recursos literarios que definen o feitío dun texto.
Pode retrotraerse ós comezos do pensamento literario en Europa. Aparece en conexión coa retórica antes que coa poética ó entenderse na tradición clásica como técnica de persuasión ligada á oratoria. A antiga retórica distinguía entre a oratoria forénsica, política e cerimonial, e cada unha delas respondía a unha ocasión concreta e a un repertorio particular de mecanismos destinados a facer funcionar o discurso adecuadamente.
Aristóteles na súa Retórica (Libro III) e Quintiliano nas súas Institucións da oratoria (Libro VIII) dan conta dos medios (o vocabulario apropiado, o tipo de sintaxe e as figuras retóricas) que poden ser utilizados para conseguir determinados efectos estilísticos. O ton desta retórica é prescritivista: proporciónanse instrucións destinadas a unha composición efectiva.
Incluso Longinus, que se amosa preocupado polas fontes morais e espirituais do sublime se revela fundamentalmente interesado polas figuras de estilo polo que poden ser conseguidos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.