En epidemioloxía, o estilo de vida, hábito de vida, forma de vida son un conxunto de comportamentos ou actitudes que desenvolven as persoas, que unhas veces son saudables e outras son nocivas para a saúde. Nos países desenvolvidos os estilos de vida pouco saudables son os que causan a maioría das enfermidades.

Entre os estilos de vida máis importantes que afectan á saúde están:

Nos países desenvolvidos existe o paradoxo de que a maioría das enfermidades son producidas polos estilos de vida da súa poboación, e porén os recursos sanitarios desvíanse cara ó propio sistema sanitario para intentar curar estas enfermidades, no canto de destinar máis recursos económicos na promoción da saúde e prevención das enfermidades.

En socioloxía, un estilo de vida é a maneira en que vive unha persoa (ou un grupo de persoas). Isto inclúe a forma das relacións persoais, do consumo, da hospitalidade, e a forma de vestir. Unha forma de vida tipicamente tamén reflicte as actitudes, os valores ou a visión do mundo dun individuo.

Ter unha "forma de vida específica" implica unha opción consciente ou inconsciente entre un sistema de comportamentos e dalgúns outros sistemas de comportamentos.

A primeira vez que apareceu o concepto de "estilo de vida" foi en 1939 (as xeracións anteriores puideron non ter necesitado este concepto porque non era significativo ó ser as sociedades relativamente homoxéneas). Alvin Toffler predeciu unha explosión dos estilos de vida (denominados "subculturas") debido ó aumento da diversidade das sociedades postindustriais. Jeremy Rifkin na 'construción da idade moderna' do seu libro The European Dream, describe o estilo de vida e a vida cotiá en Europa e Estados Unidos; nas épocas históricas, nas actuais e na chegada da era global, despois do individualismo e o comunitarismo.

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.