![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9f/Stator_machine_triphas%25C3%25A9e.jpg/640px-Stator_machine_triphas%25C3%25A9e.jpg&w=640&q=50)
Estator
parte dun motor eléctrico que se mantén fixa / From Wikipedia, the free encyclopedia
O estator é toda a parte dun motor eléctrico que se mantén fixa, é dicir, que non rota. O seu nome vén do feito de ser a parte estática do motor, a súa función depende do tipo de máquina eléctrica de que se trate. Nas máquinas asíncronas e nas máquinas síncronas pequenas, é nel, xuntamente coas bobinas, onde se forma o campo magnético capaz de inducir no rotor unha corrente.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9f/Stator_machine_triphas%C3%A9e.jpg/320px-Stator_machine_triphas%C3%A9e.jpg)
Está formado basicamente por ferro tratado termicamente e dotado de rañuras (tamén chamadas canais). No seu interior están situadas as bobinas e na súa face externa obsérvase que posúe aletas para mellor disipación da calor.