Estadi Olímpic Lluís Companys
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Estadi Olímpic Lluís Companys é un estadio de fútbol español da cidade de Barcelona. Chamado antigamente Estadio de Montjuïc, recibiu a súa denominación actual en 2001, na honra a Lluís Companys, presidente da Generalitat de Cataluña durante a Segunda República.
Estadi Olímpic Lluís Companys | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 41°21′53″N 2°09′20″L |
Localización | Passeig Olímpic, 17-19, 08038; Barcelona, España |
Construción | |
Inauguración | 1929 |
Arquitecto | Pere Domènech i Roura |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 105 x 68 |
Capacidade | 55.000 |
Propietario | Ajuntament de Barcelona |
Web | https://estadiolimpic.barcelona/ |
Eventos | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi proxectado polo arquitecto Pere Domènech i Roura e inaugurado en 1929 con motivo da Exposición Internacional daquel ano, na montaña de Montjuïc. En 1957 acolleu a única final da Copa de España de fútbol que enfrontou ao RCD Espanyol e o FC Barcelona, os dous equipos máis importantes da cidade condal.
Na década de 1960 foi infrautilizado e as súas bancadas comezaron a evidenciar preocupantes síntomas de ruína. A celebración dos Xogos Olímpicos de 1992 permitiron a súa remodelación a cargo do equipo de arquitectos Correa-Milà-Margarit-Buixadé e coa participación do italiano Gregotti.
Foi renovado completamente para acoller os Xogos Olímpicos. Foi baleirado e rebaixado o nivel da pista e só se conservaron as fachadas exteriores. Alzáronse novas bancadas cunha capacidade total de 55 000 espectadores.
En 1989 foi reinaugurado con motivo da Copa do Mundo de Atletismo, tres anos antes dos Xogos, e foi testemuña das cerimonias de inauguración e de clausura dos Xogos Olímpicos de 1992.
Na tempada 1991/92 xogou no campo a Unió Esportiva Sant Andreu. En 1997 o Reial Club Deportiu Espanyol pasou a xogar os seus partidos despois de abandonar o estadio de Sarrià. O equipo xogaría en Montjuïc ata 2009, cando foi inaugurado o Estadio Cornellà-El Prat.
En 1998 o Comité de Estadios da UEFA outorgou a categoría cinco estrelas ao Estadio Olímpico Lluís Companys, pola que poden celebrarse competicións de fútbol do máximo nivel continental. Esta instalación está preparada para acoller grandes eventos deportivos, culturais e sociais con capacidade para 55 000 espectadores para actos deportivos e ata 68 000 espectadores para concertos.
Do 26 de xullo ao 1 de agosto de 2010 celebrouse no estadio o 20º Campionato de Europa de atletismo, polo que foi novamente remodelado.
A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.