Estación de Vigo-Urzaiz
estación de ferrocarril na cidade de Vigo / From Wikipedia, the free encyclopedia
A estación de Vigo-Urzaiz (ás veces grafado Urzáiz) é unha estación de ferrocarril de Adif situada na cidade de Vigo. Constitúe unha das cabeceiras da liña 06-850 "Vigo-Urzaiz - Bifurcación de Arcade", integrada no eixe atlántico de alta velocidade. O edificio, deseñado por Thom Mayne, foi inaugurado oficialmente o 16 de abril de 2015[1] e dous días máis tarde abriu ao público.[2]
Vigo-Urzaiz | |
---|---|
Estación de Vigo-Urzaiz | |
Situación | Praza da Estación s/n 36201 Vigo |
Servizos | |
Intermodalidade | |
Bus | 4A, 4C, 5A, 9A, 9B, 11, 15B, 15C, 24 |
Taxi | Si |
Está situada na praza da Estación, no céntrico barrio de Casabranca, próxima á rúa de Urzaiz (que dá nome á terminal) e no mesmo lugar onde se atopaba a antiga estación de Vigo, derrubada en 2011 e substituída provisionalmente pola estación de Vigo-Guixar.[3] Actualmente, Guixar concentra os servizos de Longa Distancia, Rexionais e internacionais, mentres que Urzaiz é punto de chegada e partida dos trens directos entre A Coruña e Vigo.