Especie reactiva do osíxeno
From Wikipedia, the free encyclopedia
As especies reactivas do osíxeno ou especies reactivas do oxíxeno (ERO ou, en inglés, ROS) son moléculas quimicamente reactivas que conteñen osíxeno. Exemplos son os ións osíxeno e os peróxidos. As especies reactivas do osíxeno son moi reactivas debido á presenza de electróns de valencia desapareados. As especies reactivas do osíxeno formanse como un produto do metabolismo normal do osíxeno e teñen importantes papeis na sinalización celular e a homeostase.[1] Porén, tamén se xeran debido a fontes exóxenas, como a radiación ionizante, e durante os momentos de estrés ambiental (por exemplo, exposición aos raios UV ou á calor), os niveis destas especies químicas poden incrementarse drasticamente.[1] Isto pode orixinar un dano significativo na estrutura celular, que acumulativamente se denomina estrés oxidativo.