From Wikipedia, the free encyclopedia
O escáncer cego ou cobra cega[2], (Blanus cinereus), é unha especie de réptil escamado da familia Amphisbaenidae. É o único anfisbeno de Europa.
Escáncer cego Rango fósil: Cretáceo - Recente | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Blanus cinereus Vandelli, 1797 | |||||||||||||||||||
Distribución de Blanus cinereus. | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
|
Rostral de tamaño mediano, os machos poden alcanzar unha lonxitude de 254 mm, as femias son menores, coa cola, que ocupa entre un 8 a un 11% da lonxitude total. A testa ten forma trapezoidal e esta separada do corpo por un asuco transversal dorsal. A súa cor varía entre o rosa agrisado e todos os tons posibles do marrón, co bandullo de tons máis claros. Citáronse exemplares parcialmente albinos. Posúe 7 dentes premaxilares, 4-4 maxilares, 7-7 mandibulares. A muda de pel realízase dunha soa vez como os ofidios.
Distribúese exclusivamente pola Península Ibérica, considéraselle un endemismo ibérico, xa que as poboacións do Norte África describíronse como novas especies, aínda que o coñecemento da súa distribución é escaso, debido ao carácter críptico e subterráneo desta especie. Análises filoxeográficos baseados en marcadores mitocondriais sinalaron que na Península Ibérica hai dúas liñaxes que podrian representar especies diferentes,[3] outras análises de ADN apoia o anterior, un no sueste e outro no centro da península.[4]
Practicamente ausente nos pisos bioclimáticos eurosiberianos, é dicir o norte e noroeste da península. En España o seu límite norte está en Tarragona, Zaragoza, sur de Navarra, Burgos e Zamora, en Galicia atópase en zonas con marcada influencia mediterránea de Ourense.[5] En Portugal o seu límite setentrional atópase no val do Douro.
É unha especie termófila, está presente en gran número de ecosistemas mediterráneos, sendo nalgunhas localizacións relativamente abondosa, aínda que a densidade non é nunca moi alta. Os seus hábitos son enteiramente subterráneos, aínda que relativamente superficiais, sendo moi raro vela na superficie. Áchase asociada a zonas cálidas mais cunha certa humidade, onde se localiza xeralmente baixo pedras, tanto en terreos calcáreos como graníticos, con marcada preferencia polos chans areosos cubertos de follas, nos que é máis fácil escarvar. Atópase en bosques e matogueiras de aciñeira, (Quercus rotundifolia), xenebreiro, (Juniperus oxycedrus), carballos ananos, (Quercus pyrenaica) e piñeirais, (Pinus sp.) no piso mesomediterráneo pero sempre en áreas moi cubertas. Depredador xeralista aliméntase xeralmente de larvas de insectos, formigas, escaravellos, arañas, seudoescorpións, chegado escepcionalmente a capturar lagartas.
Localízase dende o nivel do mar até os 1.600- 1.700 metros no Sistema Central e mesmo acada os 1.800 metros en Serra Nevada, aínda que parece máis abondoso por baixo do 1.000 m.
Entre os seus depredadores atópanse réptiles coma Lacerta lepida, Macroprotodon brevis, Malpolon monspessulanus e a Vipera latastei. Entre as aves o Buteo buteo, Milvus milvus, Lanius excubitor. Entre os mamíferos, Genetta genetta, Vulpes vulpes, Sus scrofa, e Eliomys quercinus.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.