![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b5/Coat_of_arms_of_Cameroon.svg/langgl-640px-Coat_of_arms_of_Cameroon.svg.png&w=640&q=50)
Escudo do Camerún
From Wikipedia, the free encyclopedia
O escudo do Camerún é un dos símbolos nacionais do país. Consiste nun escudo con lemas dispostos enriba e debaixo del. Detrás do escudo atópanse dúas fasces cruzadas. O escudo ten o mesmo patrón de cores que a bandeira do Camerún, e no centro ten un mapa da nación. A balanza da xustiza está posta por enriba do mapa dende o ano 1998.