A orde consta só dunha familia, a dos escuatínidos (Squatinidae), que ten un só xénero, Squatina,[2] con 23 especies descritas.[3]
Os escuatiniformes teñen o corpo aplanado, case tanto como o das raias, con amplas ás pectorais en forma de trapecio ou de triángulo, que non están soldadas á cabeza. As aletas dorsais son pequenas, e non teñen aleta anal. O lóbulo inferior da aleta caudal é máis longo que o superior.[2][4][5]
Presentan cinco fendeduras branquiais a cada lado, que son ventrolaterais. A boca, pequena, é terminal, e está armada de pequenos dentes. Todas as especies son vivíparas. A especie máis grande, Squatina japonica, pode alcanzar até 2 m de lonxitude.[2][5]
Son ovovivíparos, e poden producir camadas de até 13 crías.[6]
Son peixes mariños que habitan en augas pouco profundas (porén, hai unha especie que vive até os 1 300 m de profundidade) en fondos de area e grava, aínda que son nadadores activos.[9][10]
En augas do litoral galego só está citada unha especie, Squatina squatina,[11][12][13] que por iso poderiamos distiguir como peixe anxo propiamente dito, ou peixe anxo común. É pouco abundante, pescándose incidentalmente con artes de arrastre, xa que carece de interese comercial.[11]
Dulvy, N. K. e J. D. Reynolds (1997): "Evolutionary transitions among egg-laying, live-bearing and maternal inputs in sharks and rays". Proc. R. Soc. Lond., Ser. B: Biol. Sci. 264: 1309-1315.
Compagno, L. J. V. e V. H. Niem (1998): "Squatinidae. Angelsharks, sand devils". pp. 1235-1238, en K. E. Carpenter e V. H. Niem (eds.). FAO Identification Guide for Fishery Purposes. The Living Marine Resources of the Western Central Pacific. Roma: FAO.
Stevens, J. & Last, P. R. (1998): Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., en (eds.) Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. pp. 64-65. ISBN 0-12-547665-5.
Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4, p. 47.
Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8, pp. 88-89.
Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0, p. 14.