![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/UPC.CampusNorte.Entrada.jpg/640px-UPC.CampusNorte.Entrada.jpg&w=640&q=50)
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Barcelona
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Barcelona (ETSECCPB, en catalán: Escola Tècnica Superior d'Enginyers de Camins, Canals i Ports de Barcelona) é unha escola creada no ano 1973 por unha serie de enxeñeiros de camiños e empresas catalás, integrandose así na Universidade Politécnica de Cataluña, creada en 1971.
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Barcelona | |
---|---|
![]() Entrada ao Campus Nord, onde se atopa a ETSCCPB | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Trátase do único centro de enxeñería civil de Cataluña. O seu obxectivo é formar profesionais altamente cualificados nos campos da enxeñería civil, enxeñería xeolóxica e medio ambiente cunha formación científica para a reciclaxe continua ao longo da súa carreira profesional.
A Escola conta cun equipo de profesores de recoñecido prestixio nacional e internacional que compaxinan a docencia coa investigación de alto nivel, as publicacións en revistas científicas internacionais, os proxectos de transferencia de tecnoloxía etc.