evento deportivo From Wikipedia, the free encyclopedia
A escalada nos Xogos Olímpicos de 2020 foi un evento organizado nos Xogos Olímpicos de Verán de 2020 en Toquio, Xapón[1] (postergados ao 2021[2] debido á pandemia de COVID-19). Celebráronse dous eventos, un para homes e outro para mulleres. O formato constou de tres disciplinas: escalada de dificultade (ou lead), escalada de velocidade e bouldering (ou escalada en bloque). O gañador determinouse en función de quen tivo mellor rendemento global nas tres disciplinas. Este formato probárase previamente nas Xogos Olímpicos da Xuventude 2018. O código olímpico para a escalada deportiva é CLB.
Escalada nos Xogos da XXXII Olimpíada | |
---|---|
Vista aérea do Aomi Urban Sports Park de Toquio, sede principal. | |
Sede | Aomi Urban Sports Park, Toquio |
Datas | 3–6 de agosto de 2021 |
N.º de eventos | 2 |
Competidores | 40 de 19 nacións |
Por mor dunha brecha na seguridade olímpica, filtráronse dous boulders de cualificación en YouTube; o vídeo foi rapidamente eliminado e os boulders afectados restablecidos.[3]
O 3 de agosto de 2016, o Comité Olímpico Internacional (COI) anunciou formalmente que a escalada sería deporte olímpico con medallas nos Xogos Olímpicos de 2020.[1][4] A inclusión fora proposta pola Federación Internacional de Escalada (IFSC) en 2015.[5]
A decisión de combinar tres disciplinas—escalada de dificultade (lead), bouldering e escalada de velocidade— cun total de tres medallas por sexo—causou enorme criticismo no mundo da escalada.[6]
A escaladora Lynn Hill dixo que a decisión de incluír a escalada de velocidade era como "pedirlle a un corredor de media distancia competir na modalidade de sprint." O escalador Adam Ondra manifestou unha opinión similar, comentando nunha entrevista que calquera outra cousa tivese sido mellor que a combinación proposta. Hai certa mestura deportiva entre atletas nas categorías de escalada de dificultade (lead) e boulder, pero a escalada de velocidade adoita verse como unha disciplina totalmente separada das outras dúas que practican atletas especializados. A escaladora Shauna Coxsey afirmou: "Ningún escalador de boulder fixo unha transición á modalidade de velocidade e dificultade, así como ningún escalador de velocidade a fixo ao bouldering e dificultade".[6][7]
Os membros da IFSC explicaron que o comité olímpico só lles concedera unha medalla de ouro por sexo e que non quixeron excluír os escaladores de velocidade. O obxectivo da IFSC para os Xogos Olímpicos de 2020 era principalmente establecer a escalada e as súas tres disciplinas como deportes olímpicos; os cambios no formato xa poderían vir máis adiante se fosen necesarios. Esta táctica resultou exitosa: concedéuselles un segundo conxunto de medallas para os Xogos Olímpicos de 2024, e en 2024 a escalada de velocidade será un evento separado do evento que combina escalada de dificultade e bouldering.[6][8][9]
A clasificación final calculouse multiplicando a clasificación dos escaladores en cada disciplina de escalada, sendo a mellor puntuación a máis baixa.[10][11]
Houbo 40 prazas dispoñibles en escalada para os Xogos Olímpicos de Toquio 2020. Cada comité olímpico nacional podía obter un máximo de 2 prazas para cada evento (cun máximo de 4 entre dous eventos). Cada evento tivo 20 competidores clasificados: 18 da fase clasificatoria, 1 do anfitrión (Xapón) e mais 1 das invitacións da Tripartite Commission.[12]
O Mundial de Escalada de 2019 serviu como evento clasificatorio outorgando 7 prazas por xénero para o torneo olímpico aos vencedores dos eventos combinados.[13][14]
Q | Clasificación | F | Finais |
Modalidade | 3 de agosto | 4 de agosto | 5 de agosto | 6 de agosto | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Combinada masculina | |||||||||||||||
Combinada feminina |
Clasificáronse 40 escaladores de 19 países. Os eventos de clasificación incluíron o Mundial de Escalada de 2019, un evento de clasificación olímpica, e campionatos continentais.
* País organizador ( Xapón )
Posición | País | Ouro | Prata | Bronce | Total |
---|---|---|---|---|---|
1 | Eslovenia | 1 | 0 | 0 | 1 |
España | 1 | 0 | 0 | 1 | |
3 | Xapón * | 0 | 1 | 1 | 2 |
4 | Estados Unidos | 0 | 1 | 0 | 1 |
5 | Austria | 0 | 0 | 1 | 1 |
Totais (5 países) | 2 | 2 | 2 | 6 |
Evento | Rolda | Escalador(a) | País | Tempo | Data | Récord |
---|---|---|---|---|---|---|
Combinada masculina (velocidade) | Clasificación | Bassa Mawem | Francia | 5.45 | 3 de agosto | RO[17] |
Combinada feminina (velocidade) | Clasificación | Aleksandra Mirosław | Polonia | 6.97 | 4 de agosto | RO[18] |
Final | Aleksandra Mirosław | Polonia | 6.84 | 6 de agosto |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.