![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fd/Earth_Clock_ENG.svg/langgl-640px-Earth_Clock_ENG.svg.png&w=640&q=50)
Xeoloxía histórica
rama da xeoloxía que estuda as transformacións que sufriu a Terra dende a súa formación / From Wikipedia, the free encyclopedia
A xeoloxía histórica é unha rama da xeoloxía que estuda as transformacións que sufriu a Terra dende a súa formación hai uns 4.500 millóns de anos ata os nosos días.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fd/Earth_Clock_ENG.svg/640px-Earth_Clock_ENG.svg.png)
Para establecer un marco temporal absoluto os xeólogos desenvolveron unha cronoloxía a escala planetaria dividida en eóns, eras, períodos, épocas e idades. Esta escala baséase nos grandes eventos biolóxicos e xeolóxicos.