peixe mariño From Wikipedia, the free encyclopedia
Co nome de escacho desígnase un peixe mariño da familia dos Tríglidos (Triglidae), da orde dos Escorpeniformes (Scorpaeniformes). O nome científico da especie tipo é Chelidonichthys lucerna (Linnaeus 1758), que aínda se pode atopar nas guías de peixes cos sinónimos obsoletos de Trigla lucerna ou Trigla hirundo.
Escacho | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Chelidonichthys lucerna' (Linnaeus, 1758) |
Tamén se designan con este mesmo nome, por veces con cualificativos diferenciadores, outras especies da mesma familia, moi similares morfoloxicamente, como Trigloporus lastoviza, Trigla lyra, Aspitrigla cuculus, Aspitrigla obscura, Eutrigla gurnardus, Lepidotrigla cavillone etc.
Outras denominacións vernáculas dos peixes desta familia son as de rubio, alfóndega, berete, cavillón, borrachos ou cregos.
Segundo a Gran Enciclopedia Galega, algúns dos nomes específicos son os seguintes:
O corpo difire respecto da forma habitual dos peixes: é cónico diminuíndo progresivamente de sección ata a cola, cunha cabeza grande e triangular, en bico de frauta. Adoita ter o dorso de cor vermella, clareando nos costados ata o branco do ventre. Presenta espiñas sobre os ollos e distribuídos polo corpo. A liña lateral é moi marcada, con escamas patentes.
Ten dúas aletas dorsais, a primeira con raios espiñosos e a segunda con raios brandos, e unha anal. As aletas pectorais están moi desenvolvidas e, de feito, os tres primeiros raios son libres e serven como órganos de desprazamento; como tamén están dotados de papilas gustativas, úsannos tamén para alimentarse. Aliméntase de peixes, crustáceos e moluscos.
A especial disposición da vexiga natatoria permite que poidan emitir sons.
Poden alcanzar tamaños máximos de 75 cm e 6 kg de peso, aínda que o habitual son tamaños de ó redor dos 30 cm.
A especie distribúese ó longo da costa leste do Atlántico (Europa e África), entre os paralelos 9º Norte e 66º Norte. Viven sobre fondos de area ou lama, a profundidades superiores ós 20-40 metros ata os 300 metros.
Son de carne branca e consistente e consómense das máis variadas formas: cocidos, fervidos ou en caldeirada.
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Escacho |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.