director de orquestra e compositor finlandés From Wikipedia, the free encyclopedia
Esa-Pekka Salonen (Helsinqui, 30 de xuño de 1958) é un destacado director de orquestra e compositor finlandés. Desde 1992 foi o director principal e musical da Filharmónica dos Ángeles, orquestra coa que fixo o seu debut estadounidense en 1984, até que finalizou o seu contrato en xuño de 2009. Tamén é o director principal e conselleiro artístico da Orquestra Philharmonia de Londres desde a tempada 2008/2009, sendo o principal director convidado de dita formación entre 1985 e 1994.
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde maio de 2017) |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de xuño de 1958 (66 anos) Helsinqui, Finlandia |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Finlandia |
Educación | Academia Sibelius (pt) Helsingin Suomalainen Yhteiskoulu (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Música |
Ocupación | director de orquestra , compositor |
Membro de | |
Xénero artístico | Ópera |
Profesores | Einojuhani Rautavaara e Jorma Panula (en) |
Lingua | Lingua finesa |
Instrumento | Trompa |
Premios
| |
Páxina web | esapekkasalonen.com |
Salonen estudou trompa, dirección e composición musical na Academia Sibelius de Helsinqui. Un dos seus compañeiros de clase foi o compositor Magnus Lindberg e xuntos formaron un grupo de apreciación da música nova chamado Korvat auki e o conxunto experimental Toimii ("Traballo" en finlandés). Graduado con 19 anos de idade, Salonen proseguiu a súa formación musical estudando dirección de orquestra baixo a tutela de Jorma Panula, Jukka-Pekka Saraste e Osmo Vänskä para logo ir a Italia e asistir aos cursos de dirección impartidos por Franco Donatoni en Siena e Niccolò Castiglioni en Milán. Despois, Salonen estudou co compositor Einojuhani Rautavaara.
A súa primeira experiencia no campo da dirección orquestral chegou en 1979 coa Orquestra Sinfónica da Radio Finesa, cando el aínda se consideraba a si mesmo máis ben un compositor. En 1983, con todo, fíxose cargo da interpretación da Sinfonía n.º 3 de Mahler coa Orquestra Philarmonia de Londres con pouca antelación, cando foi requirido de urxencia para substituír a un indisposto Michael Tilson Thomas, feito que lanzou a súa carreira como director. Posteriormente converteuse no principal director convidado da Philharmonia entre 1985 e 1994.
Foi director principal da Orquestra Sinfónica da Radio Sueca desde 1984 até 1995. A este cargo sumouse o seu compromiso para dirixir como convidado a Orquestra da Ópera Nacional Finlandesa e a Orquestra Filharmónica de Oslo.
En 1989, Salonen foi convidado a dirixir a Orquestra Filharmónica dos Ánxeles durante unha xira de concertos polo Xapón. O éxito desta xira foi tal que ao seu regreso ofrecéuselle a posibilidade de ser o principal director convidado da formación californiana. Con todo, os problemas surxidos entre o daquela director titular da orquestra, André Previn, coa xerencia da mesma -provocados en boa medida pola designación de Salonen como director encargado de realizar a xira nipoa- precipitaron que Previn renunciase á titularidade da mesma ese mesmo ano, co que o camiño quedou despexado para o mozo Salonen. Antes de acabar 1989 Salonen foi anunciado como novo director titular da agrupación californiana nun cargo que se faría efectivo a partir do 1992. Durante os dezasete anos nos que se mantivo á fronte desta orquestra, Salonen realizou múltiples xiras por todo o planeta e fixo a súa aparición coa mesma nos principais eventos musicais internacionais. Grazas a unha novidosa programación, a orquestra californiana converteuse nunha das formacións máis progresistas e modernas dos EEUU, á parte de destacar polo seu incomparábel nivel técnico e artístico. No ano 2009, Salonen cedeu o seu posto de titular a outro colega novo, o venezolano Gustavo Dudamel, e inmediatamente foi nomeado director laureado da orquestra.
No ano 2008, Salonen comezara o seu novo compromiso como director titular da Philharmonia Orchestra de Londres, cargo que mantén na actualidade (2018). En 2009, Salonen debutou como director operístico na Metropolitan de Nova York e rexeitou a oferta de dirixir o ciclo completo d'O Anel de Wagner en Bayreuth.
Salonen é recoñecido pola súa dedicación a interpretar e gravar música contemporánea. A súa gravación da estrea mundial da Sinfonía nº 3 de Witold Lutosławski gañou o Gramophone Award de 1985 pola Mellor Gravación Contemporánea. Espírito inquedo e dotado dunha interesante personalidade intelectual, Esa-Pekka Salonen é un dos mellores directores de orquestra actuais e unha das figuras con máis rápida progresión artística surxida nas dúas últimas décadas. Director de estilo e xesto preciosista, Salonen parece centrar o seu eixe interpretativo sobre a base dunha precisión que en ocasións pode resultar un tanto fría para os oídos acostumados a unhas lecturas máis vivificantes. Con todo, as súas maneiras baixo a batuta son de todo convincentes tanto en concepto como en mando. O seu extenso repertorio abarca a práctica totalidade de estilos desde o Clasicismo até a música do século XX, aínda que existen unha serie de compositores moi ligados á súa personalidade interpretativa, como son Bartók, Hindemith, Messiaen e, especialmente, Stravinskii. Por outro lado, a música contemporánea ocupa o lugar máis destacado da súa programación e Salonen móstrase coma un dos directores máis comprometidos do panorama internacional en relación á obra do seu tempo. Salonen é un director obsesionado coa democratización musical e unha das súas constantes ao longo da súa traxectoria foi a de acercar a música a todo tipo de estratos sociais.
Entre as composicións de Salonen están ...auf den ersten blick und ohne zu wissen... (1980, un concerto para saxofón con título tomado d'O proceso de Franz Kafka), Floof para soprano e conxunto (1982, sobre textos de Stanisław Lem) e a obra orquestral L.A. Variations (1996). A fin de dedicar máis tiempo á composición, Salonen colleu un ano sabático da dirección no 2000, tempo durante o cal escribiu unha obra para trompa soa (Concert Étude, obra para o concurso de Lieksa Brass Week), Dichotomie para piano, Mania para a cellista Anssi Karttunen e sinfonietta, e Gambit, unha peza orquestral que foi un regalo de aniversario para o seu colega e amigo Magnus Lindberg.
En 2001, Salonen compuxo Foreign Bodies, a súa obra máis grande en termos de orquestración, que inclúe música do movemento inicial de Dichotomie. Outra obra orquestral, Insomnia, seguiu en 2002, e outra, Wing On Wing, en 2004. Wing On Wing inclúe partes para dous sopranos e exemplos distorsionados da voz do arquitecto Frank Gehry e tamén a dun peixe.
Como aparenta nas interpretacións de obras vangardistas tales como o Concerto Motocicleta de Jan Sandström, Esa-Pekka Salonen representa un afastamento das aproximacións ideolóxicas e dogmáticas á composición e ve a creación musical como profundamente psíquica. Nas notas do libro do CD de Deutsche Grammophon Wing On Wing, cítao dicindo: «A expresión musical é expresión corporal, non hai expresión cerebral abstracta na miña opinión. Todo sae do corpo.» Un tema recorrente na súa música é a fusión ou relación do mecánico e o orgánico.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Esa-Pekka Salonen |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.