Equisetáceas
From Wikipedia, the free encyclopedia
As equisetáceas (Equisetaceae) son unha familia monotípica (cun só xénero vivente, Equisetum) de plantas vasculares que se reproducen por esporas, xeralmente chamadas rabos de cabalo, entre outros nomes.
Equisetáceas (rabos de cabalo) Rango fósil: Devoniano-Holoceno | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Imaxe de Equisetum arvense | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Xéneros, subxéneros e especies | |||||||||||||
Equisetites † A clasificación máis actualizada do xénero é a de Christenhusz et al. 2011[1][2][3] (baseada en Smith et al. 2006,[4] 2008);[5] que tamén ten unha secuencia liñal das licófitas e monilófitas. |
Equisetum é o único xénero vivente de todas as equisetópsidas, as cales teñen un extenso rexistro fósil entre o Devoniano e o Carbonífero. As equisetáceas son morfoloxicamente moi distintivas, cun talo con estriacións, follas reducidas dispostas en verticilos e follas fértiles transformadas en esporanxióforos unidas en estróbilos terminais. Este xénero consta de 15 especies agrupadas en dous subxéneros e unha especie adicional (Equisetum bogotense Kunth, a única suramericana), que é irmá das outras 14. As especies dentro de cada subxénero hibridan doadamente.
Ademais, hai algunhas especies fósiles que non se poden asignar ao xénero moderno. Equisetites é un taxon artificial no que se xuntan toda clase de rabos de cabalo grandes do Mesozoico; case son seguridade é parafilético.