subfamilia de peixes From Wikipedia, the free encyclopedia
A dos epinefelinos (Epinephelinae) é unha subfamilia da familia dos serránidos (Serranidae), peixes da ampla orde dos perciformes, que algúns autores elevan á categortía sistemática de familia, a dos epinefélidos (Epinephelidae)[1] ou epinefelínidos (Epinephelinidae).[2]
Epinefelinos (Epinephelinae) | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cephalopholis argus | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||||
|
Os epinefelinos son peixes grandes, co corpo robusto con cabeza grande na que resaltan os ollos globosos e unhas grandes mandíbulas, semellantes aos polipriónidos, que se coñecen, canda eles, cos nomes xenéricos de chernas, ou tamén meros.
E o seu hábitat son as zonas rochosas de augas temperadas e tropicais, con fondos nos que haxa grandes pedras con covas ou fendas onde agochárense, en cotas que oscilan entre os 4 e os 350 m de profundidade.
Os individuos máis grandes poden chegar a alcanzar máis de 1 m de lonxitude e máis de 40 kg de peso. Pero un periódico informou da captura, o 15 de xaneiro de 2008, en augas preto de Pulau Sembilan, no estreito de Malaca, dun exemplar de 180 kg.[3] (Ver imaxe aquí[4]). Así e todo o récord estableceuno outro pescado, en setembro de 2010, en augas próximas á provincia de Limón (Costa Rica, que mediu 2,3 m e pesou 250 kg, segundo informou o diario La Extra.[5]
Os epinefelinos son animais hermafroditas proteroxínicos que alcanza a madurez sexual (como femias) aos 5 anos.[6][7]
A subfamilia está representada nas augas galegas pola especie Epinephelus marginatus, o mero de altura.[8][9][10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.