![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ad/Cl%25C3%25A1sicos_en_Galego._16._Marcial._Epigramas_I.jpg/640px-Cl%25C3%25A1sicos_en_Galego._16._Marcial._Epigramas_I.jpg&w=640&q=50)
Epigrama
From Wikipedia, the free encyclopedia
Subxénero da lírica consistente nunha censura breve e mordaz que condensa enxeñosamente unha burla.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ad/Cl%C3%A1sicos_en_Galego._16._Marcial._Epigramas_I.jpg/640px-Cl%C3%A1sicos_en_Galego._16._Marcial._Epigramas_I.jpg)
Marcial: Epigramas I.
Etimoloxicamente vén do grego epigrama (inscrición nunha tumba, monumento ou estatua) de aí deriva unha das características: a súa extrema brevidade. Orixinariamente a temática limitábase á exaltación dunha persoa, acontecemento etc; posteriormente, amplíase ós máis variados temas prevalecendo persoas e circunstancias con final enxeñosa, crítica ou satírica. A ironía e o desenfado, o afán de elocuencia e a brillantez caracterizan a este produto lírico de intención crítica ou sincera admiración.