![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/22/Kuchenmaistrey.jpg/640px-Kuchenmaistrey.jpg&w=640&q=50)
Enfermidade de orixe alimentaria
From Wikipedia, the free encyclopedia
Baixo a denominación de enfermidades de orixe alimentaria englóbanse todas aquelas enfermidades humanas transmitidas polos alimentos e que cursan dunha forma colectiva e simultánea, afectando a varias persoas á vez, que teñen en común ter consumido un mesmo alimento. Adoitan presentar unha sintomatoloxía dixestiva, con vómitos e diarreas, pero pode haber cadros clínicos moi diferentes. O prognóstico varía, segundo a causa e os enfermos, entre leve e mortal.
- Características definitorias:
- A orixe da enfermidade está no alimento
- A enfermidade aparece en forma de gromo
- Cursa, normalmente, cun cadro dixestivo.
![]() | Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/22/Kuchenmaistrey.jpg/640px-Kuchenmaistrey.jpg)
As posibles causas destas enfermidades son moi diversas pero case sempre son debidas á presenza nos alimentos de axentes biolóxicos (bacterias, virus ou parasitos) ou as súas toxinas, polo que resulta habitual a denominación de intoxicacións alimentarias, aínda non sendo exactamente o mesmo.