![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/95/Endosulfan_Formula_V.3a.svg/langgl-640px-Endosulfan_Formula_V.3a.svg.png&w=640&q=50)
Endosulfán
insecticida e acaricida / From Wikipedia, the free encyclopedia
O endosulfán (endosulfan) é un insecticida e acaricida organoclorado sen patente, prohibido na Unión Europea e que está sendo prohibido ou retirado progresivamente en todo o mundo. Converteuse nun agroquímico moi controvertido[2] debido á súa aguda toxicidade, potencial de bioacumulación e acción como perturbador endócrino. Debido ao seu perigo para a saúde humana e para o medio ambiente, negociouse unha prohibición global da fabricación e uso do endosulfán baixo a Convención de Estocolmo en abril de 2011. A prohibición entrou en vigor en 2012, facendo excepción con certos usos durante cinco anos máis.[3] Daquela máis de 80 países,[4] incluíndo a Unión Europea, Australia, Nova Zelandia, varias nacións de África occidental,[5] os Estados Unidos,[6][7] o Brasil,[8] e o Canadá[9] prohibírono xa ou anunciaron unha retirada progresiva para cumprir co acordado na Convención de Estocolmo. Aínda se seguiu usando moito na India e na China malia as leis contra o seu uso, e tamén se seguiu usando nuns poucos países máis, anes de que entrase en vigor a prohibición total. Fabricábao a compañía israelita Makhteshim Agan e varios fabricantes da India e a China. En 2011 o Tribunal Supremo da India ordenou a prohibición da súa produción e venda naquel país.[10]
Endosulfán | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
6,7,8,9,10,10-Hexacloro-1,5,5a,6,9,9a-hexahidro- 6,9-metano-2,4,3-benzodioxatiepina-3-óxido | |
Outros nomes Benzoepin, Endocel, Parrysulfan, Phaser, Thiodan, Thionex | |
Identificadores | |
Número CAS | 115-29-7 |
PubChem | 3224 |
ChemSpider | 21117730 |
UNII | OKA6A6ZD4K |
Número CE | 204-079-4 |
Número UN | 2761 |
KEGG | C11090 |
ChEBI | CHEBI:4791 |
ChEMBL | CHEMBL194399 |
Número RTECS | RB9275000 |
Referencia Beilstein | 1262315 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C9H6Cl6O3S |
Masa molar | 406,93 g mol−1 |
Aspecto | Cristais marróns[1] |
Olor | Lixeiro cheiro a dióxido de xofre[1] |
Densidade | 1,745 g/cm3 |
Punto de fusión | 70–100 °C; 158–212 °F; 343–373 K |
Solubilidade en auga | 0,33 mg/L |
Presión de vapor | 0,00001 mmHg (25 °C)[1] |
Perigosidade | |
Pictogramas GHS | ![]() ![]() ![]() |
Palabra sinal GHS | Danger (Perigo) |
Principais perigos | T, Xi, N |
NFPA 704 | |
Punto de inflamabilidade | non combustible |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |