From Wikipedia, the free encyclopedia
Emily en París[2] (en inglés: Emily in Paris) é unha serie de televisión estadounidense creada por Darren Star para Netflix. Ambientada e rodada en París, a serie está protagonizada por Lily Collins no papel de Emily, unha estadounidense que se muda a Francia para achegar un punto de vista estadounidense a Savoir, unha empresa de mercadotecnia francesa. Alí, ela loita por triunfar no lugar de traballo mentres busca o amor e experimenta un choque cultural coa súa educación "aburrida" e mundana do Medio Oeste dos Estados Unidos.[3] O resto do elenco está composto por Philippine Leroy-Beaulieu, Ashley Park, Lucas Bravo, Samuel Arnold, Bruno Gouery, Camille Razat e William Abadie.
Formato |
|
---|---|
Creado por | Darren Star |
Desenvolvido por |
|
Intérpretes |
|
Tema de apertura | James Newton Howard |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés e francés |
Temporadas | 3 |
Episodios | 30 |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Localización(s) | Illa de Francia, Francia |
Cámara | Unha cámara |
Duración | 24–38 minutos |
Distribuidor | Netflix |
Canle de orixe | Netflix |
Formato de imaxe | 4K UHDTV |
Primeiro episodio | 2 de outubro de 2020 |
Derradeiro episodio | presente |
Na rede | |
https://www.netflix.com/title/81037371 | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Producida por MTV Entertainment Studios e desenvolvida orixinalmente por Paramount Network, onde recibiu un pedido directo de serie en setembro de 2018, a serie trasladouse a Netflix en xullo de 2020. A rodaxe ten lugar en Illa de Francia, principalmente en París e os seus suburbios, e comezou en agosto de 2019.
Emily en París estreouse en Netflix o 2 de outubro de 2020, onde conta con opción de subtitulado en galego traducida por Abraham Díaz.[4] Conseguiu valoracións positivas por parte da crítica nos Estados Unidos, mais non así en Francia onde foi condenando por estereotipar negativamente aos parisienses e aos franceses.[5]
A primeira tempada da serie estreouse en Netflix o 2 de outubro de 2020.[5] A segunda tempada estreouse o 22 de decembro de 2021.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.