![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/9b/EmileTitle.jpeg/640px-EmileTitle.jpeg&w=640&q=50)
Emilio ou Da educación
obra literaria de Jean-Jacques Rousseau / From Wikipedia, the free encyclopedia
Emilio ou Da educación[1] é unha das obras literarias máis importantes e destacadas do filósofo Jean-Jacques Rousseau. Ten un gran contido pedagóxico que foi tan criticado como eloxiado logo da súa publicación en 1762. Foi considerado o primeiro tratado sobre filosofía da educación no mundo occidental. A súa aceptación social fixo que hoxe, sexa un punto de referencia en moitos sistemas educativos compartindo a ensinanza en centros escolares. O autor propón unha serie de pautas e principios educativos que parten da propia intuición persoal ante a opresión coa que a sociedade somete aos individuos na súa evolución. Ante iso, escribiu un modelo educativo para os rapaces, baseado na propia natureza, de acordo coas etapas de desenvolvemento infantil, co fin de formar un individuo libre e autónomo, capaz de valerse por si mesmo posteriormente no seu contorno social. Porén, exclúese deste ideal ás mulleres, para as cales a educación debese referir á satisfacción dos homes.
Emilio ou Da educación | |
---|---|
![]() | |
Autor/a | Jean-Jacques Rousseau |
Orixe | Cantón de Xenebra |
Lingua | lingua francesa |
Xénero(s) | novela de educación, tratado, ficción filosófica, ficción e narración |
Data de pub. | 1762 |
[ editar datos en Wikidata ] |