From Wikipedia, the free encyclopedia
Elvira Alfónsez, infanta de León, nada en setembro de 1103 en Toledo e finada o 6 de febreiro de 1135,[1] foi a primeira raíña consorte de Sicilia, polo seu matrimonio con Roxerio II.
Nome orixinal | (es) Elvira Alfónsez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) Elvira Alfónsez de León 1100 ↔ 1104 Toledo, España |
Morte | 6 de febreiro de 1135 (31 anos) Palermo, Italia |
Causa da morte | doenza infecciosa |
Lugar de sepultura | Catedral de Palermo |
Actividade | |
Ocupación | aristócrata |
Outro | |
Título | Consorte de Sicilia (1130–1135) Condesa consorte de Sicilia (1117–1130) Duquesa |
Familia | Dinastía Ximena |
Cónxuxe | Roxerio II de Sicilia (1117 (Gregoriano)–) |
Fillos | Roger III, Duke of Apulia, Tancred, Prince of Bari, Guillerme I de Sicilia, Alfonso of Hauteville, Adelicia di Sicilia |
Pais | Afonso VI de León e Isabel de León |
Irmáns | Sancho Afónsez Orraca de León Tareixa, condesa de Portugal Elvira de Castela |
Descrito pola fonte | Dictionary of Women Worldwide |
Elvira era filla de Afonso VI de León e de Isabel, a súa cuarta esposa, que algúns autores consideran a mesma persoa que Zaida, mentres que outros discrepan.[2]
Elvira foi criada en Toledo, polo que debía estar acostumada á convivencia entre cristiáns e musulmáns, como a que existía tamén en Sicilia.[2]
Elvira casou co daquela conde de Sicilia Roxerio II de Sicilia en 1117, e converteuse en raíña en 1130 cando o seu esposo se fixo coroar rei.[2]
Froito do matrimonio tiveron cinco fillos e dúas fillas:[2]
En 1135 tanto Roxerio como Elvira enfermaron. A enfermidade era grave e contaxiosa. Roger sobreviviu, pero Elvira non tivo a mesma sorte, e morreu o 6 de febreiro do mesmo ano.[1][3]
Elvira recibiu sepultura na capela real de Santa Magdalena, en Palermo.
Roxerio permanece viúvo durante catorce anos, e só volveu casar cando catro dos seus cinco fillos con Elvira morreran.[3]
En 1149 contraeu matrimonio con Sibila de Borgoña, e en 1151 volveu casar con Beatriz de Rethel.[1]
Predecesor: Novo título |
Raíña consorte de Sicilia 1130-1135 |
Sucesor: Sibila de Borgoña |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.