![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d9/Arduino_ftdi_chip-1.jpg/640px-Arduino_ftdi_chip-1.jpg&w=640&q=50)
Electrónica
From Wikipedia, the free encyclopedia
A electrónica é a rama da física e especialización da enxeñaría, que estuda e emprega os dispositivos electrónicos que funcionan controlando o fluxo de electróns e outras partículas cargadas electricamente en dispositivos, como por exemplo nos semicondutores e outros. O estudo puro destes dispositivos considérase unha rama da física, mentres que o deseño e a posta en funcionamento de circuítos electrónicos para solucionar problemas prácticos denomínase enxeñaría electrónica. Segundo os compoñentes electrónicos empregados, fálase de electrónica analóxica ou dixital. A diferenza entre ambos está no modo de tratar os sinais, se de forma continua (analóxica) ou discreta (dixital).
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d9/Arduino_ftdi_chip-1.jpg/640px-Arduino_ftdi_chip-1.jpg)
As principais utilizacións dos circuítos electrónicos son, por unha banda, o control, proceso e distribución da información e, doutra banda, a distribución e conversión dunha forza electromagnética. Estes dous usos implican a creación ou detección de campos electromagnéticos e correntes eléctricas.