Eleccións presidenciais no Senegal
From Wikipedia, the free encyclopedia
As eleccións presidenciais no Senegal escollen o presidente da República do Senegal, e teñen carácter plenamente democrático dende a proclamación da independencia do país en 1960.
Os últimos comicios presidenciais tiveron lugar o 25 de febreiro de 2007 e reelixiron como presidente do país a Abdoulaye Wade.
Os presidentes da república senegalesa elíxense, dende a última reforma constitucional de 2001, por un mandato de cinco anos, renovábel unha soa vez. Con anterioridade a esta reforma, os mandatos eran de sete anos.