![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/30/2014_South_African_general_election.svg/langgl-640px-2014_South_African_general_election.svg.png&w=640&q=50)
Eleccións xerais de Suráfrica de 2014
From Wikipedia, the free encyclopedia
As eleccións xerais de Suráfrica de 2014 tiveron lugar o 7 de maio de dito ano para escoller os 400 membros da vixésima cuarta Asemblea Nacional e renovar as lexislaturas provinciais, que á súa vez elixirían os 90 membros do Consello Nacional das Provincias, configurando así a lexislatura do Parlamento de Suráfrica para o período 2014-2019.[1] Foron as quintas eleccións xerais desde a fin do Apartheid en 1994, e os primeiros comicios desde a morte de Nelson Mandela. Tamén foi a primeira vez que se lles permitiu votar aos surafricanos residentes no exterior.[2]
Eleccións xerais de Suráfrica de 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
← 2009 ![]() ![]() ![]() 2019 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Data | 7 de maio de 2014 ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tipo | eleccións xerais de Suráfrica ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cargo elixido | Presidente de Suráfrica 400 membro da Asemblea Nacional de Suráfrica ≈ 26th South African Parliament (en) ![]() ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participación política | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Resultado da votación
![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
O resultado foi unha quinta vitoria consecutiva para o oficialista Congreso Nacional Africano (ANC), presidido e liderado por Jacob Zuma, que obtivo unha cómoda maioría absoluta na Asemblea Nacional con 249 escanos e o 62.15% do voto popular. Con todo, a maioría do ANC viuse reducida tras perder 15 escanos, e viu decrecer lixeiramente o seu apoio electoral respecto ao 65.9% que recibiu nas eleccións de 2009. Se ben o decrecemento de votos do ANC foi significativamente menor ao sufrido en 1999 (cando perdeu case dous millóns de sufraxios), o resultado fixo tremer o liderado do partido, que solicitou unha análise electoral ao respecto.[3] Por outro lado, o principal partido da oposición, a centrodereitista Alianza Democrática (DA), liderada por Helen Zille, obtivo o 22.23% dos votos e 89 escanos, incrementando o seu apoio popular a case o dobre de votos que en 2009 e obtendo 22 escanos máis, sendo o mellor resultado histórico do partido, e o mellor resultado obtido polo segundo partido máis votado desde a instauración do sufraxio universal, superando o 20.39% obtido polo Partido Nacional en 1994. En terceiro lugar, un novo partido, Loitadores pola Liberdade Económica (EFF), de Julius Malema, cualificado como de extrema esquerda,[4][5] obtivo o 6.35% dos votos.
No plano dos partidos minoritarios, en cuarto lugar quedou o Partido da Liberdade Inkatha (IFP) que perdeu case a metade dos votos que obtivo en 2009 e obtivo só 10 escanos, continuando a súa caída iniciada a partir das anteriores eleccións. Mais a maior caída foi a sufrida polo Congreso do Pobo (COPE), de Mosiuoa Lekota, que logo de ter ocupado o terceiro lugar nas anteriores eleccións (arrebatándollo ao IFP), sufriu unha gran cantidade de escisións e conflitos internos, polo que para o momento dos comicios perdera máis da metade da súa representación lexislativa debido a desercións masivas, e nas eleccións pasou a ocupar un oitavo lugar irrisorio co 0.67% das preferencias e 3 escanos, quedando practicamente na irrelevancia política.[6]
No plano provincial, o ANC obtivo maioría en oito das nove lexislaturas. O EFF obtivo máis do 10% dos votos en Gauteng, Limpopo e Noroeste, logrando quedar en segundo lugar por encima de DA nas dúas últimas. Nas outras seis provincias ganadas polo ANC, DA obtivo o segundo lugar. Isto incluía KwaZulu-Natal, onde DA logrou relevar do seu segundo lugar o Partido da Liberdade Inkatha por primeira vez na súa historia. En Cabo Occidental, a única provincia onde triunfou a oposición, DA incrementou o seu resultado do 51.5% ao 59.4%.