Eleccións municipais de 1999 en Galicia
From Wikipedia, the free encyclopedia
As eleccións municipais de 1999 celebráronse o 13 de xuño nos 315 concellos de Galicia e indirectamente decidían tamén a composición das catro deputacións galegas. As eleccións coincidiron coas eleccións europeas que tiñan unha única circunscrición estatal.
![]() | ![]() | Eleccións en progreso: Estamos a actualizar os datos relacionados cos concellos galegos. Estase a traballar especialmente no seguinte:
Como fontes de información pódense empregar os xornais El País ou "ABC" (2011) e a páxina do Ministerio do Interior. Este artigo é, polo de agora, só un esbozo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia ofreza a mellor información posíbel. |
O Partido Popular de Galicia foi o único partido que presentou candidaturas en todos os concellos e en tres (Beariz, O Bolo e Trabada) foi a única candidatura presentada. O Partido dos Socialistas de Galicia presentou candidaturas en 305 concellos mentres o Bloque Nacionalista Galego facíao en 297. O resto de forzas presentaron candidaturas nun número moito máis reducido de concellos, Democracia Galega presentouse en 44 concellos, Esquerda Unida-Izquierda Unida en 26, Esquerda de Galicia en 21 e en 78 concellos presentáronse candidaturas independentes.
As primeiras enquisas outorgaban o PP a maioría absoluta nas cidades de Ourense e Santiago porén perdía as alcaldías de Vigo, Lugo, Pontevedra e Ferrol. O BNG subía en todas as cidades e o PSOE situábase en terceiro lugar na maioría das cidades, non obstante mantiña a maioría absoluta na cidade da Coruña.