Eleccións ao Parlamento Europeo de 2024
eleccións ao Parlamento Europeo / From Wikipedia, the free encyclopedia
As eleccións ao Parlamento Europeo de 2024 tiveron lugar entre o 6 e o 9 de xuño[1] de 2024 en todos os estados membros da Unión Europea, para dar lugar á X lexislatura europea. Tamén foron as primeiras eleccións após o Brexit.[2][3] Nelas votouse por sufraxio universal, directo, libre e segredo os eurodeputados que integran o Parlamento Europeo e que representan a cidadanía europea no período comprendido entre 2024 e 2029. Esta cámara foi a responsable de nomear o presidente da Comisión Europea, a proposta do Consello Europeo en función dos resultados das eleccións, por maioría cualificada.[4]
O número de deputados previstos para a X lexislatura do Parlamento Europeo foi de 720 escanos, repartíndose os 73 que tiña o Reino Unido, despois da súa saída da Unión Europea, entre diversos países como España, Francia, Italia e os Países Baixos e reservándose 31 escanos para futuras ampliacións da unión.[5][6]
O 9 de xuño de 2024, o Partido Popular Europeo liderado por Ursula von der Leyen obtivo o maior número de escanos no Parlamento Europeo.[7] Os partidos liberais e verdes sufriron importantes perdas, mentres que varios partidos novos ou non inscritos gañaron escanos no parlamento.
En Galicia, o PP e o BNG subiron en votos, acadando o 43% e 16% respectivamente, o PSdeG baixou en apoios e logrou un 27% de sufraxios.[8]