El Congrés i els Indians

From Wikipedia, the free encyclopedia

El Congrés i els Indiansmap

El Congrés i els Indians é un dos barrios do distrito de Sant Andreu da cidade de Barcelona. Os límites do núcleo inicial deste barrio son as rúas Alexandre Galí, Ramon Albó, Riera d'Horta, Concepción Arenal, Garcilaso, Felip II e Puerto Príncipe. Na actualidade, considéranse do mesmo barrio as rúas e as zonas confinantes do que orixinalmente foi propiamente o "Congrés Eucarístic", como por exemplo o chamado barrio dos Indians, formado por un conxunto de illas onde se instalaron indianos cando volveron de América.

Datos rápidos Epónimo, Localización ...
Modelo:Xeografía políticaEl Congrés i els Indians
Thumb

EpónimoQ19921586 Traducir e Indiano (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Thumb
 41°25′33″N 2°10′51″L
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaBarcelonès
ConcelloBarcelona
Distritos (pt) TraducirSant Andreu Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación14.549 (2021) Editar o valor en Wikidata (35.572,13 hab./km²)
Xeografía
Superficie40,9 ha Editar o valor en Wikidata

Pechar

A orixe deste barrio foi o XXXV Congreso Eucarístico Internacional de Barcelona (1952), celebrado entre o 26 de maio e o 1 de xuño. Gregorio Modrego foi o impulsor e artífice dun Congreso que, dalgunha maneira abría as portas dunha Ditadura illada. Ao congreso asistiron representantes de 80 países, 49 cardeais, 225 arcebispos, bispos e abades e 20.000 sacerdotes, relixiosos e seminaristas. Cubriron o Congreso 356 correspondentes de prensa nacionais e 124 estranxeiros. Ademais inscribíronse 300.000 congresistas.

Con motivo deste evento e desde o punto social, Gregorio Modrego promoveu a edificación de diferentes polígonos de vivendas para familias traballadoras. Elixiuse o proxecto de urbanización elaborado polos arquitectos Josep Soteras Mauri, Antoni Pineda e Carles Marqués, e o Concello aprobou en febreiro de 1953 o Plan parcial de ordenación do barrio.

Galería de imaxes

Véxase tamén

Ligazóns externas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.