El Bola
filme de 2000 dirixido por Achero Mañas / From Wikipedia, the free encyclopedia
El Bola é unha película española dirixida por Achero Mañas no ano 2000 e que lanzou á fama ó seu protagonista, o actor Juan José Ballesta, desde aquela acotío coñecido polo alcume do seu personaxe nesta película.
No elenco que encabeza Ballesta figuran nomes destacados do cine español como Gloria Muñoz, Alberto Jiménez, Manuel Morón ou Nieve de Medina.
Esta longametraxe é e primeira dirixida por Achero Mañas, e nela aborda o tema do maltrato infantil a través dunha historia que acadou unha grande aceptación e conseguiu multitude de premios e recoñecementos, destacando o seu éxito nos Premios Goya con galardóns á mellor película, dirección novel, guión orixinal e actor revelación (Juan José Ballesta).