![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/cf/Jodhpur_tilt_shift.jpg/640px-Jodhpur_tilt_shift.jpg&w=640&q=50)
Efecto diorama
From Wikipedia, the free encyclopedia
O efecto diorama, tamén coñecido como ilusión diorama, Tilt–shift ou miniatura tilt-shift é un efecto ou ilusión óptica, que se consegue normalmente a través dun proceso de edición dixital, mediante o que unha escena de tamaño natural se modifica para semellar unha miniatura. As partes borrosas da imaxe simulan a escasa profundidade de campo que normalmente se atopa nas fotografías de aproximación ou macros, facendo que a escena pareza moito máis pequena do que realmente é. O efecto borroso pode conseguirse opticamente, ao tomar a imaxe, ou por un procesado dixital posterior. Moitas das fotos que producen este efecto son sacadas desde grande altura para simular o efecto de ollar unha maqueta desde arriba.