From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha ecuación química é unha descrición simbólica dunha reacción química. Mostra as substancias que reaccionan (chamadas reactivos ou reactantes) e as substancias que se orixinan (chamadas produtos). A ecuación química axuda a visualizar os reactivos que son os que terán unha reacción química e os produtos, que son as substancias que se obteñen deste proceso. Ademais pódense situar os símbolos químicos de cada un dos elementos ou compostos que estean dentro da ecuación e poder balancealos con maior facilidade.[1]
En 1615 Jean Beguin publicou Tyrocinium Chymicum, un dos primeiros traballos escritos sobre química, onde redacta a primeira ecuación química da Historia.[2]
Unha ecuación química debe:[1]
Un caso xeral de ecuación química sería:
onde:
A interpretación física dos coeficientes estequiométricos, se estes son números enteiros e positivos, pode ser en átomos ou moles. Así, diríase que a ecuación de xeometría estequiométrica se subdivide na seguinte:
Por exemplo o hidróxeno (H2) pode reaccionar con osíxeno (O2) para dar auga (H2O). A ecuación química para esta reacción escríbese:
O símbolo "+" lese como "reacciona con", mentres que o símbolo "→" lese como "produce". Para axustar a ecuación, poñemos os coeficientes estequiométricos:[1]
A ecuación está axustada e pode ser interpretada como 2 mol de moléculas de hidróxeno reaccionan con 1 mol de moléculas de osíxeno, producindo 2 mol de moléculas de auga.
As fórmulas químicas á esquerda da data de reacción ("→") representan as substancias reaccionantes ou reactantes; á dereita da data de reacción ("→") están as fórmulas químicas das substancias producidas, denominadas produtos.[2]
Os números diante das fórmulas son chamados coeficientes estequiométricos. Estes deben ser tales que a ecuación química estea balanceada, é dicir, que o número de átomos de cada elemento das substancias reaccionantes e dos produtos da reacción sexa o mesmo.[2] Os coeficientes deben ser enteiros positivos, e o un omítese. Nas únicas reaccións que isto non se produce é nas reaccións nucleares.[2]
Adicionalmente, pódense agregar (entre paréntese e como subíndice) o estado de agregación molecular de cada substancia participante: sólido (s), líquido (l), acuoso (aq) ou gasoso (g).[1]
No exemplo da auga:
Outros símbolos utilizados para indicar o tipo de reacción son:[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.