![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/97/Bride-Brook-Salt-Marsh-s.jpg/640px-Bride-Brook-Salt-Marsh-s.jpg&w=640&q=50)
Ecotón
From Wikipedia, the free encyclopedia
O ecotón,[1] do grego eco- (oikos ou casa) e ton, (tons ou tensión), é un lugar onde os compoñentes ecolóxicos están en tensión. É a zona de transición entre dúas ou máis comunidades ecolóxicas (biocenose) distintas.[2]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/9/97/Bride-Brook-Salt-Marsh-s.jpg/640px-Bride-Brook-Salt-Marsh-s.jpg)
Xeralmente, en cada ecotón viven especies de fauna e flora propias de ambas as comunidades, pero tamén poden atoparse organismos particulares, alleos a ambas. Ás veces a ruptura entre dúas comunidades constitúe un límite ben definido, denominado bordo; noutros casos hai unha zona intermedia cun cambio gradual dun ecosistema ó seguinte.
A miúdo, tanto o número de especies como a densidade de poboación dalgunhas das especies é maior no ecotón ca nas comunidades que o bordean debido a un efecto de bordo, baseado no empalme dalgunhas poboacións nunha mesma zona polo aproveitamento de nichos ecolóxicos compartidos en dúas comunidades con estruturas moi diferentes.
Desde o punto de vista sistémico é no ecotón onde se produce o maior intercambio de enerxía. Así, o ecotón representa a zona de máxima interacción entre ecosistemas limítrofes. É por este motivo que estes límites adoitan considerarse como zonas de maior riqueza e interese biolóxico.