From Wikipedia, the free encyclopedia
A Ecorrexión do Cerrado, ou simplemente O Cerrado (do portugués "pechado", "denso"), é unha ampla ecorrexión de sabana tropical do Brasil.
Tipo | sabana ecorrexión da WWF Mata seca (pt) patrimonio natural | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | Minas Xerais, Brasil, Mato Groso - Mato Grosso, Brasil, Mato Groso do Sur - Mato Grosso do Sul, Brasil, Goiás, Brasil, Tocantins, Brasil, Baía, Brasil, Maranhão, Brasil e Distrito Federal, Brasil | ||||
| |||||
Composto por | |||||
Características | |||||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 367.356 ha | ||||
Patrimonio da Humanidade | |||||
Tipo | Patrimonio natural → América Latina-Caribe | ||||
Data | 2001 (25ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (ix) e (x) | ||||
Identificador | 1035 | ||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | |||||
Parque Nacional da Chapada dos Veadeiros (pt) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | |||||
Data | 2001 (25ª Sesión) | ||||
Identificador | 1035-001 | ||||
Categoría II da UICN: Parque Nacional | |||||
World Database on Protected Areas | |||||
Identificador | 59 | ||||
| |||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | |||||
Parque Nacional das Emas (pt) [[File:Noun Project label icon 1116097 cc mirror.svg | |||||
Data | 2001 (25ª Sesión) | ||||
Identificador | 1035-002 | ||||
Categoría II da UICN: Parque Nacional | |||||
World Database on Protected Areas | |||||
Identificador | 62 | ||||
O Cerrado cobre 1.916.900 km² nos que se inclúen o estado de Goiás, o Distrito Federal, a maior parte dos estados Mato Grosso, Mato Grosso do Sul, Tocantins, a parte occidental de Minas Gerais e Baía, a parte sur de Maranhão e Piauí, e pequenas partes dos estados de São Paulo e de Paraná.
Este ecosistema ocupa o 22 % da superficie do Brasil, sendo aínda maior que a superficie de Alasca. O Cerrado esténdese, así mesmo, polo leste de Bolivia, o nordeste e centro de Paraguai, alcanzando polo sur, xa empobrecido, o Parque provincial Teyú Cuaré e arredores, na provincia de Misiones, Arxentina, segundo recentes investigacións[1] nas que se abordou a notábel afinidade da flora vascular e a fauna de vertebrados desta área protexida con respecto ao Cerrado sensu stricto.[2][3]
Durante o holoceno temperán, a vexetación correspondente ao cerrado expandiuse e ocupou unha superficie maior que a actual.[4]
Hoxe existen "illas" de Cerrado na área de selvas semideciduas da mata atlántica, que serían o remanente desta maior área de distribución da vexetación do Cerrado alcanzada hai 10.000-7.000 anos.[5]
Esta rexión natural limita ao norte coa rexión da Amazonia e ao oeste e suroeste co Gran Chaco, respecto ao cal mantén grandes semellanzas florifaunísticas e paisaxísticas.
O Cerrado caracterízase por unha enorme biodiversidade de plantas e animais, pero esta riqueza natural está progresivamente ameazada polos monocultivos (particularmente polo da soia), a expansión da agricultura en xeral e a queima da vexetación para facer carbón vexetal.
A pesar do feito de que deste ecosistema xa se perdeu moito, Norman Borlaug, laureado co Premio Nobel da Paz, describiu o cerrado como unha das últimas fronteiras da terra de zonas virxes con posibilidade de seren arábeis para a expansión da agricultura.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.