Infección de transmisión sexual
enfermidade infectocontaxiosa / From Wikipedia, the free encyclopedia
As infeccións de transmisión sexual (ITS), enfermidades de transmisión sexual (ETS) ou máis coñecidas por enfermidades venéreas, son o conxunto de entidades clínicas infectocontaxiosas agrupadas que se transmiten dun a outro individuo soamente por medio de contacto íntimo que se produce, case de maneira exclusiva, durante as relacións sexuais, incluíndo o sexo vaxinal, o sexo anal e mais o sexo oral. Os axentes produtores das infeccións de transmisión sexual inclúen bacterias, virus, fungos e protozoos. Con todo, poden transmitirse tamén polo uso de xiringas contaminadas ou ben por contacto co sangue, e algunhas delas poden transmitirse durante o embarazo ou o parto, desde a nai ao fillo.[1]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Engineering Test Satellite.
Datos rápidos ICD-10, ICD-9 ...
Infección de transmisión sexual | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
ICD-10 | A64 |
ICD-9 | 099.9 |
DiseasesDB | 27130 |
MeSH | D012749 |
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Pechar