From Wikipedia, the free encyclopedia
EQUO Castilla y León é o nome da federación de EQUO en Castela e León, constituída o 25 de maio de 2013 en Valladolid, aínda que as súas asembleas provinciais funcionaban dende a fundación de EQUO como partido o 4 de xuño de 2011. A asemblea de EQUO Castilla y León, formada por todos os afiliados e simpatizantes castelán-leoneses deste partido, é o principal organismo da federación por ter a capacidade lexislativa e executiva, reúnese periodicamente e subdivídese en asembleas provinciais e asembleas locais. A Mesa de Coordinación de Castilla y León, composta por dous representantes paritarios de cada asemblea provincial, xestiona e coordina a federación para o día a día.
Atención: As deste artigo están baixo sospeita. As circunstancias nas que foi feito fan pensar que se trata dun artigo que pretende facer eloxio gratuíto ou escarnio da persoa ou propaganda da institución á cal se refire. Tamén pode ser o caso que a lonxitude do artigo dea a impresión dunha importancia que en realidade non ten. Normalmente, isto realízase por parte de enderezos IP anónimos ou usuarios que se rexistran especificamente para a creación deste artigo. A Wikipedia non é un espazo para reflectir informacións personais nin favorecer intereses particulares. O artigo será borrado se non se mellora a súa calidade nun breve prazo de tempo. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe, pero, por favor, non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. (Desde maio de 2018.) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
EQUO Castilla y León | |
---|---|
País | España |
[ editar datos en Wikidata ] |
Goberna con maioría absoluta en Cabañas de Polendos (Segovia) e Valle de Tabladillo (Segovia) e ten unha alcaldesa pedánea en La Acisa de las Arrimadas, no concello de La Ercina (León).[1] Tamén ten concelleiros nos seguintes municipios segovianos: El Espinar, Espirdo, Ortigosa del Monte, Carabias e Valdeprados.[2]
O 4 de xuño de 2011, xornada anterior ao Día Mundial do Medio Ambiente, Madrid foi o lugar escollido para o encontro no que participaron máis de 30 organizacións políticas ecoloxistas e progresistas de toda España para a posta en marcha dun proxecto político estatal, o Proxecto EQUO, e concretamente de Castela e León integráronse os Verdes de Segovia e os Verdes de Salamanca.[3] Desde entón as asembleas provinciais de EQUO en Castela e León empezaron a funcionar, aínda que non se uniron nunha federación autonómica ata o seu I Congreso.
O 25 de maio de 2013, en Valladolid, EQUO Castilla y León constituíuse como federación territorial de EQUO no I Congreso, cuxa participación estivo aberta a simpatizantes e afiliados, con proclamas reivindicativas polos servizos sociais; o peche da central nuclear de Garoña, en Burgos; a prohibición do fracking; a defensa do espazo natural de San Glorio, nos Picos de Europa; e a protección do lobo. Conformouse a primeira Mesa de Coordinación de Castilla y León con dous representantes paritarios de cada unha das asembleas provinciais constituídas ata ese momento: León, Burgos, Valladolid, Salamanca, Ávila e Segovia.[4][5]
Para as eleccións xerais de 2011, realizáronse eleccións primarias, nas que todos os afiliados e simpatizantes podían votar para formar a lista electoral de cada circunscrición provincial, cuxos compoñentes se ordenaron nunha alternancia paritaria por sexos.[6] Se presentaron polas circunscricións provinciais de León, Burgos, Valladolid, Soria, Salamanca, Ávila e Segovia. En Castela e León obtiveron 10.082 votos (0,66%),[7] obtendo os seus mellores resultados en Soria con 562 votos (1,10%).[8]
Simultaneamente ás eleccións xerais celebrouse en toda España eleccións locais parciais, entre as que se encontraban as eleccións a alcaldías pedáneas. Nelas resultou elixida unha das dúas primeiras representantes políticas de todo EQUO, obviando os políticos desta formación que proceden de partidos previos, na pedanía de La Acisa de las Arrimadas, pertencente ao municipio de La Ercina (León).[1]
O partido participou nestas eleccións xunto con Izquierda Unida de Castela e León (IUCyL) nunha candidatura conxunta paras as Cortes de Castela e León baixo o nome de Converxencia para Castela e León, e a nivel muncipal formando coalicións conxuntas municipais con diferentes nomes en cada concello. Os resultados desta alianza non foron malos, pois lograron un procurador nas Cortes autonómicas cun 4,15% do voto escrutado e lograron 54 concelleiros en toda a Comunidade autónoma[9].
Eleccións | Candidato | Votos | % | Representantes obtidos | Posición | Notas |
---|---|---|---|---|---|---|
Eleccións xerais de España de 2011 | 10.082 | 0,66% | 0 | 5º | ||
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.